
O próximo sábado 3 de Octubro na Pista Central do "Paco Paz"en horario de 10 a 13H,
celebraránse as "I Xornadas de Tecnificación enVoleibol" orientadas a adestradores, monitores ou mestres en educación física que traballan voleibol e minivolei con rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. A temática desta primeira xornada será a exposición práctica da metodoloxía empregada na escola por Uxío García para conseguir a captación de alumnos, e a estructuración das sesións para o mellor aproveitamento do tempo.Uxío García e mestre de educación física e responsable das escolas de voleibol do CPI Mende e posue grande experiencia no traballo coa base do voleibol en distintos puntos da provincia de Ourense. Os interesados poderán inscribirse enviando Nome Apelidos e DNI a dirección de correo electrónico ourense@fgvb.es . A incrición será gratuita.
2 comentarios:
Es este sábado 3 de Octubre. No el 3 de Septiembre.
Gracias por la anotación, el articulo esta copiado de la página de voleyourense.
Publicar un comentario